Oficina Dereitos Sociais – Coia (ODS-Coia)

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) ofrece información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse…) e acompañamento na denuncia da pobreza e da precariedade.

O fin é avanzar – ou non retrodecer – no recoñecemento dos dereitos sociais e facer visible a pobreza e a exclusión na que viven moitas persoas do noso arredor. Atendemos nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” (rúa Baiona 9 b), no barrio de Coia.

Toda a información sobre a ODS-Coia a podes atopar na web: odscoia.arkipelagos.net

Podes contactar no email:b dereitossociais@gmail.com e no teléfono: 696 618 732

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone