CONCERTO CORAL DE SANTA CECILIA

No ano 1594, o papa Gregorio XIII nomeou a SANTA CECILIA PATROA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS. A historia conta que o día da súa voda, mentres os músicos dedicábanse a tocar, ela o que facía era cantar a Deus no seu corazón, pois aínda que Santa Cecilia quixo entregarlle a súa vida, o seu pai tivo o desexo de que casase. Esta muller de familia nobre morreu torturada despois de converter ao seu marido ao cristianismo na noite de vodas.

O Centro Cultural Rueiro da nosa Parroquia quere rendir homenaxe a SANTA CECILIA PATROA DA MUSICA E DOS MUSICOS e organiza un Concerto Coral o Domingo 25 de Novembro ás 7 da tarde na Igrexa Parroquial do Cristo da Victoria de Vigo – Coia.  Actuarán a Coral «Perla do Atlántico» de Alcabre e a Coral «Ars Vocalis» do Centro Cultural «Rueiro»