A nosa veciña Pura cumpre 107 anos

O grupo de Pastoral da Saúde da comunidade tivemos a satisfacción de visitar a Pura e felicitala no seu 107 aniversario.

Pura é veciña do noso barrrio desde que cumpriu 90 anos que os seus fillos trouxérona a vivir a Vigo e deixou a aldea chorando. Ata entón viviu dedicada ás tarefas do campo na aldea de Crespos ( Grisufe, Padrenda, Ourense).

Naceu en 1911 na devandita aldea. Casou con Valentin o 28 de Diciembre de 1936. Valentín morreu novo (con 59 anos). Tiveron catro fillos. Durante moito tempo viviu soa na aldea.

Cóntanos que lle gustaba ir a misa á capela de San Roque e que o párroco a botaba moito en falta cando non viña (“Pura, extráñote moito”).

A súa comida preferida é o bacallau e nunca deixa de probar un vasiño de tinto da aldea. Gústalle ver na televisión as películas de Chuk Norris que os seus netos graváronlle.

Bailaba moito nas festas sobre todo baile solto. Ten 5 netos e 4 biznetos. Goza dunha saúde espléndida.

Parabens para ti, Pura, nesta data querida, moitas felicidades e moitos anos de vida !!!!