Campamentos Vilán 2018

Xa rematamos as comuñóns esta fin de semana. E cunhas pequenas semanas de parón seguiremos no verán cos campamentos “Vilán 2018”.

Este ano haberá dúas quendas:

– 3º de primaria, do 29 de xuño ao 2 de xullo

– 4º primaria a 4º da ESO, do 2 ao 8 de xullo.

O prazo de inscrición para a 1ª quenda remata o 13 de xuño e o prezo deste primer campamento é de 35€. E o prazo de inscrición para a 2ª quenda remata o 24 de xuño e o prezo é de 70€.

O venres 8 de xuño, ás 8.30 da tarde faremos unha xuntanza de presentación e información dos campamentos. Asiste a ela se estás pensando enviar ás túas crianzas. Mesmo se xa teñen ido te esperamos para que poidas aportar aos demais a túa experiencia.

Coma todos anos lembramos:

– Ninguén que queira participar debe deixar de facelo por causas económicas. Esta comunidade atende calquera situación persoal. Só hai que dicilo.

– A saída dos autobuses é para todos ás 4.30 da tarde, e o regreso ao redor das 7.00 da tarde.

Podedes descargar o folleto do campamento neste enlace: folleto campamento Vilán 2018