XLII Asemblea de Mulleres Cristiás Exeria

O vindeiro sábado 2 de xuño celébrase en Pontevedra a XLII Asemblea de Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Será no colexio Sagrado Corazón de Placeres de 10:00 a 18:00.

Pola mañá, haberá un obradoiro feministas “Desafiando fronteiras” facilitado por Raias Traveseiras e pola tarde celebrarase a asemblea de socias MCG Exeria.