SUXERENCIAS PARA DESPEDIR O ANO

Ofrecemos estas suxerencias para despedir o ano que veñen do noso amigo Manolo Regal:

Na Noite Vella familiar: antes ou despois ou no canto das doce uvas das horas do ano que acaba, podemos coller 12 uvas cada un dos membros da familia; cada persoa vai lendo a primeira parte de cada un dos doce versos seguintes, por orde; todos contestamos coa segunda parte do verso, e comemos a uva correspondente. Ao final dámonos chuchos e apertas de felicitación

A uva da alegría, ai que graciosa!

A uva da unión, moi rica cousa!

A uva do respecto, ben candorosa!

A uva do perdón, marabillosa!

A uva do agradecemento, que saborosa!

A uva da comunicación, cousa fermosa!

A uva da paciencia, humilde rosa!

A uva da corrección, dura e gustosa!

A uva da escoita, que ceos amosa!

A uva dos alentos, tan xenerosa!

A uva das apertas, sempre famosa!

A uva da oración, doce, preciosa!

 

E agora pensa en cada un dos membros da túa familia; despois de rezar coa ladaíña das uvas, con que uva poderías obsequiar a cada unha das persoas que forman polo menos o teu núcleo familiar? Dálles ese regalo de ano

Graciñas Manolo.

E… FELIZ ANINOVO!!!

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone