Charla de Isa Álvarez: Consumo consciente e transformación social desde a soberanía alimentaria

Este xoves estará en Vigo: Isa Álvarez da man da campaña Impórtanos! Isa falará sobre consumo, soberanía alimentaria, agroecoloxía… Será o xoves 23 de novembro a partires das 19:00 no edificio do antigo reitorado na rúa Oporto 1º – 2º andar.

Achegamos o texto da convocatoria:

Isa Álvarez é , experta en Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía Emerxente, falará da alimentación como dereito humano fundamental fronte aos abusos do actual modelo de produción agrícola, ambientalmente insustentable e socialmente inxusto. Da Soberanía Alimentaria como proposta política cunha clara vocación transformadora baseada nos dereitos da persoa, do campesinado, da natureza, das mulleres, dos pobos indíxenas, etc. E do Consumo responsable e Agroecología como alternativas reais baseadas no diálogo e cooperación entre persoas consumidoras e produtoras.

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone