Magosto 2017

O sábado 18 de novembro celebramos a festa do magosto no barrio. Será no parque de A Bouza, entre o estanque e o parque infantil.

A festa comezará ás 17:00 e dende ese momento poderemos disfrutar das castañas e do viño novo. A partires das 17:30 contaremos coa música dos gaiteiros do centro cultural Pardavila.

Durante a tarde haberá ademais unha mesa de troco para os máis pequenos.

A festa está organizada polo Centro Cultural Rueiro, a Asociación de Mulleres Dorna e o Movemento Cidadán “O noso barrio”.

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone