Dispoñemos xa dun contenedor de roupa usada

Cáritas da Diocese de Tui-Vigo pon en marcha unha empresa de inserción laboral de recollida de pezas usadas. A finalidade é conseguir o acceso a un posto de traballo dos colectivos máis desfavorecidos a través dunha actividade produtiva. Para iso está a colocar contenedores  en diversas parroquias de Vigo que recollerán roupa usada, calzado e complementos que se almacenarán nunha nave desde a cal se dará unha saída útil a todo o almacenado. Un total de 35 dioceses española desenvolven na actualidade este tipo de iniciativas de recollida de roupa e outro tipo de mercadoría usada.

  • Acaba de colocarse un destes contenedores na nosa parroquia na confluencia das rúas Bayona e A Garda. Está dentro da zona verde da nosa parroquia.

 

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone