Excursión final da catequese

Como facemos na nosa comunidade todolos anos, celebramos a excursión – convivencia final de familias, catequistas, nenos e nenas de catequeses en Vilán. Déronnos a benvida ao chegar e ensináronnos a casa e a súa contorna. Comezamos as actividades pasadas as 12 da mañá cunha sesión de cantos animados por Rodolfo. Despois xogos diversos (pañuelito, paracaídas, maquillaxe, pinzas). Á unha e media xa o persoal pedía o xantar  e comezamos a tarefa do compartir como no evanxeo e a representación da primeira comuñón. Sobremesa, paseo ao rio para os senderistas, e talleres (muíños,  de vento figuritas de cartón…) para os que elixiron quedar. Enseguida chegounos a media tarde coa merenda e enseguida xa tocaba despedirnos despois de pasar un dia precioso de convivencia e natureza. Graciñas a tod@s por este preccioso dia.