Rebélate por unha Economía Alternativa e Solidaria

O sábado 27 de maio dende as 11.00 até as 19:00 celébrase na Praza da Princesa os máis de 20 anos de comercio xusto en Galiza. Achegamos o programa:

12:30 h Sesión de Contacontos

13:00 h Obradoiros

17:00 h Actuación musical de Fiadeiro

18:00 h: Desfile de moda de Comercio Xusto

18:45 h: Lectura do manifesto e peche

Durante todo o día haberá postos de información e venta de produtos de comercio xusto, actividades infantís, obradoiros de globoflexia, cálculo da pegada ecolóxica, de creación de chaveiros con materiais reutilizados, xogos tradicionais…