Celebración da Pascua do Enfermo

Estamos no tempo de Pascua e por tanto estamos a celebrar a alegría da  presenza entre nós de Xesús Resucitado e para recibir a vida nova que  el nos dá. Este fin de semana é especial na Pascua: celebramos a Pascua do Enfermo. Como todos os anos o Grupo de Pastoral da Saúde da nosa Parroquia convídanos a esta celebración pascual especial na que membros da nosa comunidade van recibir o sacramento da Unción, o sacramento co que Xesús Resucitado achégase a eles coa súa forza, para acompañalos,  confortalos e enchelos de vida. Felices vós que ides recibir o sacramento da Unción, sinal de que  Xesus Resucitado está ao voso lado comunicándovos o seu agarimo e a súa forza! Axudaravos a vivir con serenidade, con confianza, con paz, con amor e agarimo cara aos demais. E ,  unidos a El, seguiredes anunciando a todos que a vellez, a enfermidade e o sufrimento nunca poderán quitarnos a nosa esperanza.

A Celebración Comunitaria da Unción de Enfermos será hoxe sábado 20 de Maio na Eucaristía das 8 da tarde.

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone