O Entroido na nosa comunidade

O Entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples
variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos. Por eso na nosa comunidade adicamos o luns 8 ós nenos.

«O Entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero
ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval. En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén se chama carnaval. . Para os cristiáns esta festa significa a despedida da carne antes de empezar a abstinencia da Coresma.O Entroido é unha época de festa, subversión e moita diversión no que o áis
importante é disfrazarse pasalo ben» (Os Bolechas). Unha boa e sinxela información podedes atopala en http://osbolechas.gal/o-entroido/ ou aquí.

Na nosa comunidade do Cristo da Victoria haberá unha celebración de Entroido para os nenos o luns 8 de Febreiro ás 5.30 da tarde no Salón de Actos da Parroquia ca obra de teatro feita polo grupo infantil do Centro Cultural «Rueiro» titulada «A consulta da Doctora Casilda» e a actuación do Paiaso «Roni Macarroni».