Obradoiro de contrapublicidade e consumo responsable

O pasado 8 de novembro, os educadores na fe de postcomuñón (4º, 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º, así como 3º e 4º da ESO) convidaron ao grupo da “Parrotroca. Iniciativas por unha economía alternativa” a preparar algunha actividade para os rapaces. A súa proposta levou a organizar dous grupos: os maiores (alumnos da ESO) desenvolveron un obradoiro de contrapublicidade, seguindo o modelo que ofrecen as xentes amigas de Consumehastamorir; e os máis peques elaboraron uns carteis críticos en torno ao tema do consumo responsable. Finalmente, todos posaron cos seus traballos ante un ‘photocall’ preparado para a ocasión polos propios rapaces e rapazas.

Nestas datas, en que está a ter lugar o cumio do clima de París e parece que os resultados van ser desalentadores, o compromiso persoal e comunitario co consumo responsable e transformador parece máis necesario que nunca. O mesmo papa Francisco, coa súa encíclica Laudato si’ insiste na necesidade de implicarnos nesa transformación social e ambiental para que o sistema, cada vez máis depredador, deixe de causar tanta dor e inxustiza, nas persoas e no planeta.

Do bo facer dos máis novos, do seu compromiso e da súa alegría contaxiosa dá boa proba este pequeno vídeo-resumo da xornada: