Exposicións de contrapublicidade e humor gráfico

Durante o mes de decembro, para lembrarnos o carácter paradoxal -de maneira especial para os cristiáns- destas datas que utilizan o sentimentalismo barato para engraxar aínda máis a maquinaria consumista e vendernos o “boísmo” a prezos de saldo, o Grupo de Traballo sobre Acción Social e o grupo da “Parrotroca. Iniciativas por unha economía alternativa” decidiron ofrecernos unha pequena exposición de carácter dobre: por unha banda, contén unha selección de imaxes -cortesía de Consumehastamorir– de contrapublicidade navideña (ás que se lle engaden algúns carteis contrapublicitarios elaborados polos rapaces da nosa parroquia); por outra banda, recolle outra antoloxía con viñetas de humor gráfico sobre a desigualdade e a pobreza.

Deixámosvos a continuación a mostra de contrapublicidade ‘navideña’: