MURAL COLECTIVO EN VIGO CONTRA A POBREZA E AS DESIGUALDADES

“Impórtanos”, a “Coordinadora Galega de ONGD”  e a “Rede Social Galicia Sur (RSGS)” -na que participa a nosa parroquia- organizan en Vigo a Semana de loita contra a pobreza e as desigualdades no marco da campaña Pobreza Cero convocando á cidadanía a decorar de forma conxunta, co apoio do proxecto Til Diacrítico, o muro xunto ao Centro de Inclusión de Vigo, na rúa Marqués de Valterra Nº 6 (CIIES),  o venres 23 de Outubro dende as 16:30 para pechar o acto, ás 19:30 horas que terá lugar a concentración e a lectura dun manifesto.