Os Reis Meigos chegan ao barrio

Como cada ano nestas datas, os Reis Meigos, fan unha parada no noso barrio para falar cos nosos nenos e nenas e recoller os seus dexesos.

Acollerémolos coma sempre na Igrexa, na que teremos preparado un gran escenario e un pouquiño de chocolate quente para todos.

Este será o programa:

17h00 – Acollida das súas Maxestades os Reis Magos (Praza do barrio)

17h30 – Chegada e adoración do neno Xesús (Igrexa)

18h00 – Entrega de caramelos aos máis pequenos (Igrexa)

18h30 – Gran chocolatada (Igrexa)

Ademáis dos desexos dos rapaces, imos este ano a pedirlle aos Reis que os nosos gobernantes teñan sensibilidade cara as necesidades das familias do noso entorno e saiban adicar a eles os recursos económicos e non tanto ao embelecemento da nosa cidade.