En lembranza dos defuntos a causa da pobreza

Un ano máis, o Colectivo Imán maila nosa parroquia convocan un acto de recordo das persoas mortas a causa da enfermidade e a pobreza.
Nestes días de lembranza os defuntos, non queremos esquecer a aqueles que ninguén lembra: mulleres e homes mortos por causas asociadas á súa pobreza.
Estades convocados o próximo domingo, 2 de novembro ás 6 da tarde, nos xardíns do Pazo de Castrelos. Xuntarémonos -como outras veces- en torno á lousa na que se poder leer en lingua latina: «Fai agora o que quixeras ter feito cando morras».