25/09 – Concentración do grupo Imán en contra do esquecemento

O COLECTIVO IMÁN e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia, temos organizado un ACTO socio comunitario para o xoves día 25 de setembro ás 11.30 h. despois da nosa xuntanza ordinaria.

Concentrarémonos na entrada do edifico do antiguo asilo (Rúa Pi y Margall), para lembrar ás catro persoas falecidas en condicións infrahumanas nese lugar, e todas as finadas na rúa nestes últimos meses. Ali, honraremos a súa memoria, interpretando a canción “No dudaría“ de Antonio Flores.

Con elo pretendemos lembrar por un momento a tódalas persoas que morren ano tras ano, a causa das enfermidades crónicas e a pobreza severa, e a falla de resposta da Administración Local ante as situacións de urxencia social, e as necesidades vitais e inaplazables das persoas, por carecer de recursos materiais e humanos suficientes para atender a demanda de axuda social, no aquí e agora.

Un comentario

  1. Thanks for sharing superb informations. Your web-site is very cool. I am impressed by the details that you’ve on this blog. It reveals how nicely you perceive this subject. Bookmarked this website page, will come back for more articles. You, my friend, ROCK! I found simply the info I already searched everywhere and simply could not come across. What a great web-site.

Los comentarios están cerrados.