Catequese 2014/15

Xa comezaron os máis cativos a escola e dentro de pouco na comunidade tamén daremos comezo ao curso de Educación na Fe 2014/15.

O periodo de inscrición comeza o 15 de setembro e remata o día 30, co horario de 20h00 a 21h30. Para inscribir ás vosas crianzas só tedes que traer 2 € (gastos de material) e unha foto para aqueles que sexan novas inscricións.

Os días e distribución de cursos para este anos é o seguinte:

INICIACIÓN: 2º primaria. Xoves de 19h00 a 20h00 (comezo 2 outubro)

COMUÑÓN: 3º primaria. Martes de 19h00 a 20h00 (comezo 7 outubro)

POSCOMUÑÓN: 4º-5º-6º primaria e 1º ESO. Domingo de 11h00 a 12h15 (comezo 5 outubro)

ADOLESCENTES: 2º e 3º ESO. Domingo de 11h00 a 12h15 (comezo 5 outubro)

CONFIRMACIÓN: 4º ESO e 1º BACH. Sábado 20h30 a 21h30