Xa está en Vigo a rapazada da primeira quenda de campamentos Vilán 2014

Un ano máis estamos a facer os campamentos de verán da parroquia na casa de Vilán.

Do 27 ao 30 de xuño tivemos o primeiro campamento coa participación de 18 nenos e nenas que este ano fixeron a primeira comuñón. Pasamos uns días agradables e divertidos, realizando diversas actividades, obradoiros, xogos e demáis.

Un grupo de catequistas, monitores e persoas de comunidades da parroquia colaboraron coas actividades, a comida, etc. facendo posible unha bonita despedida deste curso de comuñón 2013/14.