Convivencia de comunidades en Vilán’14

O sábado 3 de maio celebramos en Vilán a convivencia das comunidades da parroquia. Abrimos a mañá co traballo en gran grupo dun documento elaborado por Cáritas.

Varias preguntas sobre a realidade daquelas persoas máis empobrecidas do noso entorno e sobre as respostas que a nosa comunidade está a ofrecer ás mesmas, deron oportunidade para poñer en común o traballo que estamos a desenvolver, os problemas do mesmo e as posibilidades de futuro.

Tras o xantar, algunhas marcharon de paseo, outras continuaron os debates nunha sobremesa alongada, moitas gozaron cos máis pequenos… e todo para rematar a media tarde un día moi agradable, no que continuamos compartindo vida(s).