Magosto 2013

Xa é o tempo de apañar castañas e sobre todo de comelas, e nada mellor que facelo en compañía na festa do Magosto!

Dende hai anos o noso barrio aproveita as festas populares para xuntarse e para reivindicar que o noso barrio segue sen Centro Cultural. E este ano non vai ser menos e por iso volvemos a celebrar o Magosto no parque de A Bouza.

As asociacións Dorna, Rueiro e Movemento Cidadán animannos a participar no Magosto do vindeiro sábado 16 de novembro. Será no parque de A Bouza entre o parque infantil e o estanque dende as 17h00. Ademais das castañas e viño novo contaremos coa actuación:

17hoo –  Asociación folclórica Andarela (Calvario).

Tamén dende esa hora contaremos cun espazo de troco.