Acto en contra do peche do programa «SEREOS», «UNHA TARDE SEN PRAIA»

Ante a decisión do Concello de Vigo de pechar o local do Programa Sereos Casco Vello, na Rúa Elduayen, e trasladar dito programa a unha Unidade Móbil no entorno da rúa Jacinto Benavente, manifestaremos coa xente do grupo IMAN o noso rexeitamento, facendo un tapiz con toallas de praia. Será o martes 13 ás 18h00 nas escalinatas do MARCO na rúa do Príncipe.

O Traslado dun programa desenvolvido nun local fixo a unha unidade móbil baixa obxectivamente a calidade, confort, eficacia e eficiencia dos obxectivos do programa, ademáis de estigmatizar e culpabilizar a un amplio colectivo que, como tal, non é responsable das minoritarias conductas duns poucos.

As conductas antisociais, a comisión de faltas e delitos por parte dunha minoría non poden poñer en entredito o bo comportamento cidadán da maioría.

A presenza diaria de persoas co perfil dos usuarios do devandito programa na Praza da Princesa de Vigo acontece porque está no corazón da cidade, é unha praza confortable, con bancos, árbores e auga e onde collemos tódalas persoas que desexamos facer uso público deste espazo de encontro; onde o único límite está en cumprir as normas de convivencia cidadán e a non comisión de faltas ou mesmo delitos.