Crónica dos Reis Meigos 2012

Os meus queridos veciños/as do barrio de Coia.

Como ben saberedes, a tarde noite do 5 de xaneiro, desde tempos moi remotos, dedicámonos a percorrer todos os recunchos do planeta.

A nosa misión é envolver coa nosa Maxia a todo o mundo que se nos achega para que así, os seus desexos fáganse realidade.

De volta a Oriente, e despois de tantos días facemos sempre un balance da Festa de Reis.

A vosa Festa volve ser para nós un referente. Unha Cabalgata sinxela, ao alcance de todo o mundo, con moita xente implicada e onde os máis peques seguen sendo os protagonistas.

Sorprendéstesnos de novo na Praza do Pobo, coa solta de dous globos aerostáticos construídos en papel. Símbolo de Paz que parte do barrio e quérese estender por todo o mundo.

Pasamos a percorrer a pé e tamén en coches reais algunha das rúas da zona xunto cuns paxes de luxo  Que ben acompañados que iamos! Estes estaban pendentes de todo o que sucedía ao noso alredor.

Chegamos á Igrexa Cristo da Vitoria, e atopámola repleta de xente de todas as idades. A Igrexa transformouse para tal fin. Ao fondo e a man dereita, estaba o Belén Vivente. Até alí dirixímonos  para adorar ao Neno Jesús. A continuación os nosos axudantes móstrannos as nosas tronas para recibir a todo o mundo.  Comezamos cos máis pequenos. Durante máis de hora e media ininterrompidas estes con os seus sorrisos, a súa sinceridade e as súas cartas garabateadas e coloridas calaron os nosos corazóns. Ao noso colo  entre os máis peques e nós creamos un climat de complicidade que como o imos a esquecer? Á súa vez os nosos paxes recollíanlle as súas cartas e entregábanlles un puñado de caramelos.

Mentres sucedía todo isto, chegábanos un agradable efluvio a chocolate con leite que se estaba repartindo desinteresadamente entre o público e que ademais eran acompañado con pastas e roscones de primeira.

Panxoliñas e pandereitas ouvíanse ao compás durante esta tarde máxica creando un ambiente sonoro que facía máis acolledora esta cita.

Non me chegan xa as palabras para describir como sentimos despois de volver experimentar un día de Reis Máxico na vosa Cabalgata.

Esperamos non fallar no 2013 e xuntarnos de novo con todos vós.

Un gran abrazo: Baltasar, Gaspar e Melchor