Pon os teus zapatos para pedir aos Reis Magos o Centro de Inclusión Social

A Rede Social Galicia Sur invítate a participar na concentración que se convoca na véspera da chegada dos Reis Magos a Vigo (martes 5 de xaneiro en Príncipe diante do Marco) para a colocación dos teus zapatos co obxecto de perdirlles un único agasallo, o máis desexado: que no ano 2010, dunha vez por todas, podamos celebrar a apertura do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de titularidade pública na nosa cidade.

Tras a lectura da misiva aos Reis Magos, súmate tamén a acompañar ao Rei Mago que estará con nós ata os rexistros do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia nos que se fará entrega do tradicional carbón aos nosos representantes políticos por terse portado tan mal coas persoas que se atopan se fogar.

11h00-11h45: Concentración e colocación de zapatos aos Reis Magos (diante do Marco)

11h45: Lectura da Carta (manifesto) aos Reis Magos (diante do Marco)

12h30: Entrega do carbón co Rei Mago no Rexistro do Concello de Vigo

13h00: Entrega do carbón co Rei Mago no Rexistro da Xunta de Galicia

Se queres deixar o teu calzado será entregado ás persoas que o necesitan.