Unha cadea de xente reclama a apertura do albergue

A "Gota de Leite" foi abrazada por unha morea de xente que so tiña unha idea: que o edificio este aberto canto antes e que Vigo atenda como merecen ás persoas que viven nas rúas. O acto foi multitudinaria é moi festivo, e no que se chegou ao éxtasis cando a cadea se pechou ao redor do edificio.

No acto tamén houbo tempo para lembrar ás cinco persoas mortas no que vai de ano por causa da pobreza. Os ánimos tras o acto son moitos e indican que o clamor pola apertura do albergue non calará ata que se proceda a súa apertura.

A prensa recolle o acto en novas na Voz de Galicia, Atlántico e no Faro de Vigo.