Concentración en recordo de Karl

Xa son moitos os actos en recordo ou de protesta pola situación das persoas sen teito na nosa cidade. Onte día 26 de decembro ás 18.00 persoas do grupo Imán, compañeiros do bocateo, da comunidade, de Cruz Vermella, da Federación veciñal Eduardo Chao, etc. xuntáronse para recordar a Karl compañeiro morto na rúa a causa da pobreza.

A deixadez da clase política comeza a cansar, máis aínda cando asumiron o compromiso de construír o necesario albergue municipal como unha das primeiras medidas. Ante isto que teñan claro que estes grupos seguirán a berrar ata que se poñan medidas. Aquí tedes o texto lido na concentración.

No Faro de Vigo tedes varios artigos sobre o tema: "250 persoas viven na rúa", "Karl sufría roubos" e "Falecemento".

{mosimage}