Acordos. Comisión Permanente

A comisión Permanente do Consello de Pastoral ven de adoptar dous acordos que precisaban resolución de xeito urxente  e dos que informa ás comunidades da Parroquia…

 

1- CHARLAS DE CORESMA:

     Como sabedes, están convocadas para o mes de Marzo, dia 9 y 10 e,en principio contamos coa participación

de Fr. Joao Xerri, dominico brasileiro con quen xa se contactara no congreso de Ávila. É momento de volver a falar

con el e plantexarlle o tema que nos gustaria que desenvolvese e isto non pode esperar ó Consello do 13 de

Febreiro.
     A Comisión permanente, a proposta dos dominic@s, estima conveniente pedirlle a Joao que nos fale, xa que

estamos nunha Parroquia que "bebe" da espiritualidade  dominicana, precisamente de cál é ese talante  do

carisma dominicano, e cómo se debería traducir no noso tempo. Isto é algo que case nunca temos feito,

aínda que de maneira implícita sempre estivo presente na nosa Comunidade.Guiño

 

2- ENCONTROS DE LAICOS:

      Como xa informáramos, a diocese ten grande interese en que as propostas do Sínodo sexan coñecidas e

desenvoltas canto antes.  Para iso tense previsto que en cada arciprestado se convoquen algúns

encontros de laic@s para este proposito. Antes de nada convocouse para o día 18 de Xaneiro unha reunión

de representantes das parroquias do noso entorno, para dar forma a eses encontros. a esta reunión deben

asistir un sacerdote e un laic@ de cada parroquia. Debemos elixir a esta persoa, tendo en conta que parece

conveniente que se trate de alguén que participara activamente nas reunións sinodais.

     A Comisión permanente acordou que o máis prático y operativo é pedir ás persoas da nosa comunidade que

participaron no Sínodo que se xunten e sexan eles mesmos quen elixan á persoa adecuada, que posteriormente nos

informará dos acordos adoptados.  Indeciso

 

Comparte...Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInEmail this to someone